Por unha banda as rapazas desprazáronse ata Vilatuxe (Lalín) para xogar co combinado Herdeiras de Dhais (Lalín) e Irmandinhas (Estrada). As rapazas déronno todo no campo pero a falta de cambios acabouse notando neste partido onde a esixencia física foi o dobre, xa que xogouse de 8 contra 9. Malia iso, as nosas loitaron ata o final terminando cun resultado de Her/Inhas 24 - 23 Auriense Campus da Auga F.G..
Aos rapaces tocoulle desprazarse ata Cambados para enfrontarse co equipo local. O bo adestramento dos nosos coma equipo vai evolucionando na liga facendo que afiancen o seu posto de invictos na liga, gañando este partido cun resultado de Cambados F.G. 8 - 24 Auriense Campus da Auga F.G.