Ourense Provincia

O Psoe presenta a campaña “Fase Omega 2.0 ou como crear o caos na cidade de Ourense”

A Agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense e as Xuventudes Socialistas presentan a campaña “Fase Omega 2.0 ou como crear o caos na cidade” para a mobilización e a reivindicación dun transporte urbano sostible

Óscar Gómez

Ourense | 23.12.2022 07:57

O Psoe prensta a campaña “Fase Omega 2.0 ou como crear o caos na cidade”
O Psoe prensta a campaña “Fase Omega 2.0 ou como crear o caos na cidade” | onda cero

A Agrupación municipal do PSdeG-PSOE de Ourense e as Xuventudes Socialistas presentan a campaña “Fase Omega 2.0 ou como crear o caos na cidade” para a mobilización e a reivindicación dun transporte urbano sostible e moderno que realmente resolva os problemas da cidade e non deixe aillada á periferia e ao rural e aposte por mellorar a accesibilidade da xente moza e dos nosos maiores, tal e como explicou a secretaria Xeral dos socialistas, Natalia González, e que ten como obxectivo abogar por solucionar un problema extratéxico da cidade que afecta e preocupa a tódolos seus veciños e veciñas.

González explicou que a campaña nace da “rolda de contactos mantida polo agrupación municipal con distinto colectivos e asociacións de veciños da cidade que trasladaron a necesidade de ter un sistema máis moderno e que mellore a mobilidade e non con sete anos de bailes e un servizo en precario desde que non goberna a cidade o partido socialista”.

Con esta campaña os socialistas defenden a aposta do partido socialista pola mobilidade que será un eixo fundamental do programa electoral para maio de 2023. Os socialistas non permitiremos que se retroceda “nin un paso atrás” nas liñas de autobuses. A partir de maio de 2023 o que necesita a cidade son melloras imprescindibles para que Ourense sexa unha cidade do século XXI.

Pola súa banda, o secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval, reivindicou que a campaña que segue unha estela moi importante coa mobilidade como sinónimo de “inclusión social como a bandeira do partido socialista”. Doval incidiu na necesidade do “reflexo e destapamento das vergoñas da situación que está a sufrir o transporte urbano da cidade cunha concesión de fai 20 anos”. “Nos últimos meses estiremos a ver como o desgoberno de Jácome deixa á marxe moitos barrios da cidade nun intento de non mellorar o servizo de autobuses e crear un caos sen información clara e transparente”, afirmou o secretario Xeral.

Os socialistas sempre apostaron por modelos máis sostibles e de conectivida e que humanizaban a cidade. O Novo modelo ten que ser unha aposta forte polos barrios e o rural e non solamente polo centro no que Jácome soamente fai debuxiños para facer circo político.

O PSdeG-PSOE de Ourense difundirá a campaña aos colectivos e fai un chamamento á mobilización da cidadanía. A campaña pon de manifesto oito situacións de desleixo que se producirán con última fase anunciada polo “desgoberno” local onde os rapaces e rapazas seguirán con problemas para acudir aos entrenamentos ou saídas e entradas da escola; o desmantelamento do rural con problemas da xente maior para poder chegar ao traballo ou ás probas médicas e o caos que suporá facer as diferentes conexións e entender o sistema.

Apoio total da Executiva municipal socialista a Gómez Besteiro

No día de note coñeciamos que o noso compañeiro socialista, o ex secretario Xeral do PSdeG, Jose Ramón Gómez Besteiro, vía o camiño final cara a súa absolución nos problemas xudiciais nos que se vía envolto dende fai dez anos.

A Agrupación municipal dos socialistas ourensáns trasladan o seu absoluto respaldo e as súas felicitacións ao compañeiro. Cremos que a xustiza ten que ser áxil e evitar ás familias sufrimentos innecesarios. Besteiro ten as portas abertas do partido e soamente esperamos que pronto volva ao noso carón.