Ourense Cidade

O Psoe critica que non haberá axudas para comedor e libros as familias que o precisan

Lembran que o orzamento leva varios anos resultando insuficiente e que incluso se deixou fóra a persoas que cumpren coas características para percibilas, sendo este curso más de 90 as familias excluidas.

Óscar Gómez

Ourense | 21.02.2024 07:44

O Psoe critica que non haberá axudas para comedor e libros as familias que o precisan
O Psoe critica que non haberá axudas para comedor e libros as familias que o precisan | onda cero

O grupo municipal critica que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome non vaia a modificar as bases das bolsas para axudas de comedor escolar e libros neste 2024. “O goberno municipal reiterou, ante os problemas ocasionados nas últimas edicións desta axuda, que se cambiarían os criterios para ampliar a cobertura ás familias que máis o precisan”, sinala a edil Natalia González Benéitez.

Non obstante, ante as preguntas das concelleiras socialistas nas Xuntas de Área o executivo confirmou que non realizará ningunha modificación este ano, co que se prevén os mesmos problemas para o curso 2024/2025 que, ademais, deixou a máis de 90 solicitantes sen percibir a axuda pese a cumplir cos requisitos de renda.

Por outra banda, as socialistas manifestaron a súa preocupación pola situación na que vai quedar o programa de conciliación existente nos centros cívicos. “A concelleira Ana Fernández encargada desta área dixo non saber que facer, a 9 días de que rematen as actividades, porque a partida orzamentaria é insuficiente”, lembrou a edil e tamén portavoz do grupo municipal socialista.

“Atopámonos ante a mesma situación de tódolos anos e aínda non tomaron a decisión política de facer unha transferencia de crédito e volver a contratar o servizo ata final de curso”, rematou contundente.