Ourense Cidade

Primeira reunión dos grupos políticos para achegar posturas e traballar na aprobación do PXOM

O alcalde emprazou o resto das formacións a unha nova reunión o vindeiro xoves, 28 de xaneiro

Óscar Gómez

Ourense | 22.01.2021 12:28

Primeira reunión dos grupos políticos para achegar posturas e traballar na aprobación do PXOM
Primeira reunión dos grupos políticos para achegar posturas e traballar na aprobación do PXOM | onda cero

Os grupos políticos representados no Concello de Ourense reuníronse esta mañá, no salón de plenos, para traballar na aprobación dun plan de ordenación urbana para a cidade (PXOM). Esta cita, preparatoria das que virán ata chegar a un acordo, quixo sentar as bases do diálogo “para acadar unha maioría”, en palabras do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

Os grupos puideron formularlle as súas preguntas ao técnico de Urbanismo, presente nesta segunda reunión -á primeira só acudira o BNG-, centradas nos atrancos legais, na substancialidade das alegacións presentadas e nos tempos de execución. Finalmente, o alcalde emprazou o resto dos grupos a volver reunirse no mesmo escenario o xoves, 28 de xaneiro, ás 11.30 horas.

O documento de traballo, logo de ser acordado provisionalmente pola maioría dos representantes políticos, seríalle enviado á Xunta de Galicia para a súa aprobación e, finalmente, aprobado definitivamente en xunta de goberno local e/ou pleno.