Os grupos municipais de Democracia Ourensana (DO) e Ciudadanos (C's) acordaron que nos próximos días propoñerán tanto no Concello coma na Deputación unha modificación das bases de execución dos acordos plenarios para que ningún grupo municipal ou provincial se vexa prexudicado polos recentes abandonos dos seus membros. A petición quere que se cumpran os acordos do Pacto pola Estabilidade Institucional da FEMP do 16-12-2020 contra o transfuguismo e asumidos por maioría dos pleno en ambas institucións: no pleno do Concello o 8 de xaneiro, o 29 de xaneiro no da Deputación Provincial.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, considera que o transfuguismo “é unha das accións máis noxentas que pode haber en política”. Trátase, di, de “roubar votos dos cidadáns”, xa que se actúa por libre contra a vontade da cidadanía que depositou a súa confianza nun partido. É por iso qu eo rexedor agarda que as propostas contidas no pacto da FEMP “sexan lexisladas, aínda que moitos deses acordos se poidan adoptar xa por municipios e provincias”.
Logo das baixas anunciadas no día de onte no grupo municipal e provincial de DO, coma no de C's no Concello, ambas formacións pedirán levar a pleno unha modificación sobre as asignacións aos grupos e ao persoal eventual destes, de modo que se recolla que ningún grupo pode ter unha diminución en asignacións económicas polo abandono dun membro que figuraba na lista, debéndose tomar como referencia de cómputo os representantes do partido polos votos obtidos nas eleccións.
Segundo isto, resume o alcalde de Ourense, nin a DO nin a C's se lle deben reducir as asignacións económicas para non producir ningunha discriminación respecto aos outros grupos municipais -P, PSOE ou BNG- con representación no pleno.
O Pleno do Concello debaterá a aplicación das medidas contra o transfuguismo
Os grupos municipais de Democracia Ourensana (DO) e Ciudadanos (C's) acordaron na tarde de onte propoñer tanto no Concello coma na Deputación unha modificación das bases de execución
Óscar Gómez
Ourense | 18.05.2021 08:11