Ourense Cidade

Plan piloto de 'aparcadoiro express' en San Francisco

Esta proba será susceptible de estenderse a outros puntos da cidade e ampliar a súa aplicación para calquera cometido, caso do servizo de reparto ou carga e descarga de mercadorías.

Óscar Gómez

Ourense | 23.03.2023 07:50

Plan piloto de 'aparcadoiro express' en San Francisco
Plan piloto de 'aparcadoiro express' en San Francisco | onda cero

O Concello de Ourense implantará, desde este luns, 27 de marzo, unha experiencia piloto de 'aparcadoiro express' no barrio de San Francisco -concretamente, nas rúas Pena Trevinca, Coto Novelle e San Francisco- para facilitar as paradas no horario de entrada e de saída de escolares no colexio Carmelitas e outras actividades diversas das persoas usuarias da vía.

Esta proba piloto da Policía Local de Ourense pretende facilitar as paradas con destino escolar, e permitirá un tempo de estacionamento de 15 minutos entre as 8.00 e as 19.00 horas, aínda que podería variarse no futuro. En función dos seus resultados, proponse estender esta proba a outras zonas da cidade e ampliar a súa aplicación para calquera cometido, caso do servizo de reparto ou carga e descarga de mercadorías.

O bo funcionamento desta zona de proba de paradas express estará supervisado pola Policía Local, cuxas normas serán de obrigado cumprimento.