CC Ponte Vella

A Pista de Xeo de Ponte Vella co 50 % de desconto

A pista de xeo de CC Ponte Vella permanecerá aberta ata o domingo 29 de xaneiro. O importe nestas datas redúcese ó 50 % e pasará a ser de 3,5 euros coa promoción de "Rebaixas" de Ponte Vella

Onda Cero Ourense

Ourense | 13.01.2023 13:35

A Pista de Xeo de Ponte Vella co 50 % de desconto coa promoción de rebaixas
A Pista de Xeo de Ponte Vella co 50 % de desconto coa promoción de rebaixas | Onda Cero Ourense
A pista de xeo de Ponte Vella co 50 % de desconto

As rebaixas chegan tamén a pista de xeo de Ponte Vella Centro Comercial e Ocio.

Cómo conseguir o 50 % de desconto na pista de xeo de Ponte Vella

Centro Comercial Ponte Vella lanza ata o 29 de xaneiro, aproveitando as rebaixas, unha promoción que inclúe por cada 20 euros de compra (en un ou en varios tickets) un desconto do 50 % no prezo da entrada de 7 € á pista de xeo que pasará a costar 3,50 euros.

Os tickets de compra deberán ser canxeados na taquilla da propia pista de xeo.

Horario da Pista de Xeo de CC Ponte Vella

A pista de Xeo estará aberta todos os días ata o 29 de xaneiro en horario de 17:00 a 21:00 horas de luns a venres e de 11:00 a 21:00 horas os sábados e domingos.

As bases da promoción poden consultarse na páxina web de CC Ponte Vella.