Ourense Cidade

Papá Noel recibirá os nenos de Ourense nun gran espectáculo no Auditorio

Papá Noel recibirá as nenas e os nenos de Ourense nun grande espectáculo o sábado, 23 de decembro no Auditorio, as entradas están á venda na web de Ataquilla

Óscar Gómez

Ourense | 07.12.2023 08:01

Papá Noel recibirá os nenos de Ourense nun gran espectáculo no Auditorio
Papá Noel recibirá os nenos de Ourense nun gran espectáculo no Auditorio | La Voz de Galicia

Papá Noel recibirá os nenos e as nenas de Ourense o sábado, 23 de decembro, no Auditorio Municipal, nun grande espectáculo co título “Papá Noel en Ourense: Unha nova aventura navideña”, a cargo da compañía de Pablo Méndez. Serán 3 sesións, que comezarán ás 17.00, ás 18.15 e ás 19.30 horas. As familias interesadas en asistir poden adquirir as súas entradas na páxina web de Ataquilla, a un prezo de 3 euros.

 https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/varios/auditorio-municipal-de-ourense/16754--papa-noel-en-ourense-una-nueva-aventura-navidena.html 

O espectáculo do auditorio será unha das citas destacadas da programación de Nadal na cidade, e unha das oportunidades que a rapazada ourensá terá de atoparse coa popular personaxe, mais non a única. O séquito de Papá Noel, cos seus renos, visitará Ourense o xoves, 21 para percorrer o centro da cidade, desde As Lagoas até a Praza Maior, e recibirá as nenas e os nenos os días 22, 23 e 24, no Poboado de Nadal da Praza do Bispo Cesáreo.