Cine

Pablo Trapero recibirá a Calpurnia de Honra Internacional do Festival de Ourense

O organización do festival outórgalle este premio por “ser un dos directores máis relevantes e singulares do chamado Nuevo Cine Argentino.

Óscar Gómez

Ourense | 09.09.2022 12:50

Pablo Trapero recibirá a Calpurnia de Honra Internacional do Festival de Ourense
Pablo Trapero recibirá a Calpurnia de Honra Internacional do Festival de Ourense | fotogramas.es

O Festival de Cine de Ourense, que terá lugar entre o 23 de setembro e o 1 de outubro de 2022, estregaralle a Calpurnia de Honra Internacional desta edición ao cineasta e produtor arxentino Pablo Trapero. O organización do festival outórgalle este premio por “ser un dos directores máis relevantes e singulares do chamado Nuevo Cine Argentino, cunha vocación dun cinema comprometido social e politicamente, desde o realismo, sen renunciar a claves de xénero, cun estilo que bebe de fontes clásicas vinculadas ao Neorrealismo, á Nouvelle Vague e á produción independente”. O OUFF recoñece a valentía do cineasta ao afrontar temáticas moi pegadas á realidade arxentina, co cinema como vehículo para axitar conciencias.

Pablo Trapero: a súa traxectoria internacional

Pablo Trapero é un cineasta arxentino nado en San Justo, Provincia de Buenos Aires. A súa primeira longametraxe, Mundo grúa, gañou o Premio da Crítica no Festival Internacional de Cinema de Venecia en 1999. Posteriormente escribiu, dirixiu e produciu moitas películas aclamadas pola crítica e comercialmente exitosas que se presentaron nos festivais máis prestixiosos do mundo como o Festival de Cinema de Cannes (5 películas), o Festival Internacional de Cinema de Toronto (10) e Venecia (4). As súas obras inclúen El Bonaerense (2002), Familia Rodante (2004), Nacido y Criado (2006), Leonera (2008), Carancho (2010), Elefante Blanco (2012) y La Quietud (2018). Ademais, as súas películas recibiron varios premios académicos como o Goya, o Ariel ou os premios Sur.

Foi xurado en festivais como Venecia, San Sebastián ou Locarno e en 2014 foi escollido presidente da sección “Un Certain Regard” do Festival de Cannes. Foi galardoado co Chevalier l'Ordre deas Arts et deas Lettres polo Ministerio de Cultura de Francia en 2015, converténdose no primeiro director de América Latina en recibir esta distinción.

A súa película El Clan, estreouse en 2015 cun gran éxito comercial e de crítica no seu país de orixe, Arxentina, establecendo o récord da taquilla dunha estrea en fin de semana máis grande de todos os tempos. Posteriormente o filme pasouse en Venecia, onde gañou o León de Prata ao Mellor Director.

En 2019, Trapero dirixiu os episodios culminantes de ZEROZEROZERO, a aclamada serie policiaca protagonizada por Andrea Riseborough e Dane DeHaan, para Amazon Prime. Máis recentemente, Pablo traballou como director principal e produtor executivo para a próxima serie de Apple+ BOTO 3, protagonizada por Luke Evans, Michiel Huisman, Jessica Ann Collins e Martina Gusman, xunto ao showrunner Mark Boal e Keshet Studios.

Os premios e recoñecementos do 27º OUFF

Máis alá deste galardón, no Festival de Ourense tamén se entregarán nesta edición os seguintes: Premio Chano Piñeiro á directora de fotografía Lucía C. Pan, Premio Eduardo Barreiros á cineasta Alauda Ruiz de Azúa, Premio Ourense ao actor Chechu Salgado, Premio especial do 27º OUFF ao deseñador de son Carlos Faruolo e Calpurnia de honra para o cineasta Jaime Chávarri. Nos próximos días a organización fará públicos os premios OUFF Televisión e o Premio Fundación AISGE.