Ourense Provincia

Ourense recupera a normalidade despois do temporal

Deixou de chover e a provincia de Ourense tenta recuperar a normalidade das numerosas incidencias que deixaron as riadas e os desprendementos.

Óscar Gómez

Ourense | 03.01.2023 08:14

Ourense recupera a normalidade despois do temporal
Ourense recupera a normalidade despois do temporal | La Voz de Galicia

O encoro do rio Miño en Velle na capital chegou a liberar onte 2245 metros cúbicos de auga por segundo, deixando totalmente cubertas as piscinas de oira, as termas públicas da Chavasqueira e unha parte do paseo termal. Onte pola mañá xa quedaba reaberta a rua de reza na que o pasado domingo se producía un desprendemento de terras, pedras e árbores que levou por diante unha autocaravana.

Onte tamen estivo cortado un carril da autovía das rias baixas nos accesos á capital por desprendementos e outros viais entre Vilela e A Pousa no val de Monterrei, tameén entre Tamaguelos e San cibrao en Oímbra e a estrada ou 305 en A foz no Ribeiro. Nesa zona a crecida do rio Arnoia deixou áreas recreativas inundadas, pontes estragadas e algún baixo de vivendas anegado.

No Carballiiño a suba do Arenteiro provocou tamén danos, entreles un socavon nunha estrada que comunica co centro de saúde.