Motor

O Ourensán Abrahán Vázquez imponse no inicio do campionato galego de montaña

A Subida a Escusa Poio marcou o inicio do Campionato Galego de Montaña cunha xornada única de competición na que o vencedor final foi o ourensán Abrahán Vázquez, aos mandos do Fórmula Dicode.

Óscar Gómez

Ourense | 12.06.2023 08:58

O Ourensán Abrahán Vázquez imponse no inicio do campionato galego de montaña
O Ourensán Abrahán Vázquez imponse no inicio do campionato galego de montaña | onda cero

Vázquez mantivo unha fermosa loita con outro ourensán, Jorge Fernández, que finalmente foi segundo clasificado no cómputo xeral da proba.

O terceiro escalón do podio foi para Alexis Vieitez, nun debut cheo de problemas mecánicos no espectacular Celtic. Alfonso “Pisko” Ventín aos mandos do Yacarcross foi cuarto clasificado e Jesús Pombo, na estrea do fermoso Tatuus FR, quinto. O do fórmula foi a sensación do inicio do certame, nunha carreira que se tomaron como toma de contacto co monoplaza.

Sexto clasificado e primeiro da categoría de carrozados foi Jorge Pérez Alonso, aos mandos do Porsche 991 GT3 Cup. Precisamente na categoría de carrozados o segundo clasificado foi Manuel Senra co Peugeot 306 Maxi e terceiro o ourensán Javier Carballo, co Ford Escort MkI. O seu irmán Juan Manuel Carballo, foi cuarto clasificado desta categoría no Fiat 131 Abarth.

A seguinte data do certame autonómico será na primeira fin de semana de xullo coa celebración da Subida a Pontenova.

RAMILO, LÓPEZ, RODRÍGUEZ E CASTRO VENCEN NO AUTOCROSS DE CARBALLO

Auto Cross O Castro
Auto Cross O Castro | onda cero

O Campionato galego de autocross voltou ao circuito de Carballo cunha emocionante xornada de competición na que os vencedores foron Javier Ramilo, Jon Ander López, Iago Rodríguez e Martín Castro.

Terceira proba puntuable para o certame, con case medio cento de inscritos e abundante público en todo o treito, especialmente nas finais. En menos de 1,600 centímetros cúbicos o triunfo foi para Martín Castro, seguido de Isaac Calvo e Rubén Uzal. Jon Ander López sumou un novo triunfo na categoría de máis de 1,600 centímetros cúbicos aos mandos do Citroën Saxo VTS. Completaron o podio da carreira Antonio López Lence e Jesús Santos.

Na modalidade de carcross júnior, primeiro posto para Iago Rodríguez con Diego García e Daniel Gayoso. Por último, Javier Ramilo impúxose na concurrida categoría de carcross, cunha vantaxe de máis de cinco segundos sobre Sergio Suárez e Antón Muiños.

A seguinte data do calendario autonómico será no mes de xullo con motivo da celebración do Autocross do Xacobeo