Cultura

Ourense acolle a rodaxe dunha cortometraxe contra a violencia de xénero

A curtametraxe, titulada “O que esconde” é un proxecto dun grupo de alumnas do CIFP A Farixa. A produción conta coa colaboración de empresas e entidades como Aguas del Paraño, A Imprenta, Sojer Sports, Cafe Bar Bali, Café Central, Café Alameda o El Centro Cívido de A Ponte, entre outros.

Óscar Gómez

Ourense | 06.02.2023 11:57

Ourenes acolle a rodaxe dunha cortometraxe contra a violencia de xénero
Ourenes acolle a rodaxe dunha cortometraxe contra a violencia de xénero | onda cero

Ourense é protagonista desde o pasado mércores 1 da rodaxe dunha nova produción audiovisual. “O que esconde”, que así se titula, é unha produción dun grupo de alumnas do CIFP A Farixa, que se enmarca nas prácticas do módulo de Xestión de Proxectos de Cine e Video e que conta xa coa implicación e colaboración de numerosas empresas e profesionais.

A curtametraxe, unha produción de arredor de 5 minutos de duración pretende, segundo Estela Fieiro, alumna do ciclo de Produción do CIFP a Farixa e directora da obra, “concienciar á poboación sobre o que acontece diante dos nosos ollos e que sen embargo, as máis das veces, semella invisible”.

Máis de 50 actores e actrices respostaron á chamada do equipo de produción e traballan de xeito voluntario nunha rodaxe da que será protagonista boa parte da cidade de Ourense. Acollerán as súas escenas diversas localizacións como o Parque do Posío, o Paseo do Barbaña, a Ponte do Milenio ou a Praza Maior, entre outras.

A curtametraxe, ainda que nace como un proxecto de aula, é ademais a primeira incursión profesional do seu equipo de productoras, formado pola propia directora e as alumnas Paula Cambeiro e Elizabeth Barreiro, mais segundo destacan “vai máis alá ao implicar a colaboración de profesionais externos sen o que o traballo non sería posible e que nos permitirán acadar o mellor resultado posible.

Ourenes acolle a rodaxe dunha cortometraxe contra a violencia de xénero
Ourenes acolle a rodaxe dunha cortometraxe contra a violencia de xénero | onda cero

Implicación da cidade

Froito do traballo de produción desenvolvido polo equipo de alumnas, son moitas as empresas e insitucións que aportan para facer posible “O que esconde”. Ata o momento, empresas como Bali Cafe&Bar, Cafe Central, Aimprenta e entidades como O Centro Cívico A Ponte ou o propio CIFP A Farixa.