concello de ourense

Mellora da zona de xogos infantís do parque Barbaña

As actuacións concrétanse na reparación dos xogos infantís dos columpios e a instalación de novos xogos no espazo de lecer, por un importe total de 23.654,08 euros.

Óscar Gómez

Ourense | 17.11.2021 12:40

Mellora da zona de xogos infantís do parque Barbaña
Mellora da zona de xogos infantís do parque Barbaña | onda cero

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, inicia os traballos de reposición e reparación dos xogos infantís do parque Barbaña, unha intervención que permitirá poñer a punto todos os xogos das zonas de lecer neste parque de gran afluencia de familias.

Os traballos, por un importe total de 23.654,08 euros, permitirán a instalación de novas unidades de xogos para os máis cativos, incorporando novos equipos do modelo Seahorse e do modelo Sand Truck. Ademais tamén se contempla a posta a punto do resto das unidades emprazadas en ambas zonas de lecer infantís do mesmo parque.

A actuación enmarcase no conxunto de traballos deseñadas no Plan de melloras de Parques infantís da cidade, que sumará actuacións en 70 parques da cidade. Esta actuación sumase ás xa iniciadas no barrio da Cuña, zona da Alameda, Santa Teresita, Sagrado Corazón na Carballeira ou na zona das Mercedes.

Para o concelleiro Jorge Pumar, “esta instalación permitirá mellorar a oferta do ocio do parque e, ademais, dar resposta a unha demanda moi solicitada da veciñanza da zona urbana ,como así puiden coñecer de primeira man coa visita realizada o parque na compañía da presidenta da asociación veciñal”.