Unha caravana de coches e camións colapsou esta mañá as ruas da capital ourensá en apoio do sector hosteleiro.A mobilización, que partiu da explanada do recinto feiral de Expourense, foi impulsada dende a Asociación de autónomos (AUPA) e secundada por varias asociación de hosteleiros da capital que reclaman “axilidade e concreción” nas axudas comprometidas pola administración.
O colectivo rematou a protesta cun acto diante da subdelegación do goberno de Ourense na que deron lectura a un comunicado no que cuestionaron os criterios que levaron ao peche dos establecementos e convertilos nun dos sectores máis castigados pola pandemia. Os empresarios da hostelería ourensá agardan que o Concello de Ourense tome tamén medidas relativas á supresión de taxas ou impostos.