Huelga Autobuses urbanos

Jácome promove unha xuntanza de empresa e traballadores para por fin a folga

Gonzalo Jácome reunirase coa concesionaria e confía en que ambas partes poidan chegar a un acordo

Óscar Gómez

Ourense | 05.05.2022 08:01

Jácome promove unha xuntanza de empresa e traballadores para por fin a folga
Jácome promove unha xuntanza de empresa e traballadores para por fin a folga | La Region

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome reuniuse esta mañá coa empresa concesionaria Urbanos de Ourense para mediar na folga do servizo municipal de autobuses e demandar avances cara un acordo cos traballadores que permita pór fin á folga do servizo municipal. Como resultado desta mediación, a empresa reunirase cos representantes dos traballadores pasado mañá venres, día 6 de maio, pola mañá.

Gonzalo Jácome explica que “basicamente díxenlles que é necesario avanzar para pechar a folga canto antes e chegar a un acordo, e conseguimos que se reunan cos traballadores e en principio para unha reunión este venres, coa condición de que non haxa sabotaxes nos autobuses, que son de propiedade do Concello. Así que, se todo marcha con normalidade e hai boa vontade polas dúas partes, o venres reuniranse”. Nesta reunión, explicou non participarán políticos, aínda que avanza que desde o goberno municipal “estaremos atentos a unha próxima solución. Se non, interviriamos nós directamente”.