Ourense Cidade

Jácome califica as festas navideñas como as de mais éxito da súa historia

“Ourense cidade brillou como nunca”, afirma o rexedor, quen subliña a altísima participación do público nas diferentes actividades programadas.

Óscar Gómez

Ourense | 08.01.2024 07:52

Jácome califica as festas navideñas como as de mais éxito da súa historia
Jácome califica as festas navideñas como as de mais éxito da súa historia | Faro de Vigo

“Remata o Nadal festivo con máis exito de Ourense, colocando un novo listón organizativo do Concello”, manifestou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ao fío da programación de actividades que se desenvolveron durante as últimas semanas: “Ourense cidade brillou como nunca nunhas datas, nas que que aos 105.000 residentes uníronsenos milleiros de ourensáns que volveron a casa polo Nadal”, destacou o rexedor, quen asegura que “foron as mellores navidades da historia de Ourense”

Para Gonzalo Jácome “foron os cidadáns, cheos de ilusión, os verdadeiros protagonistas das seguintes actividades”, entre as que cita:

- A mellor iluminación do Nadal da historia e a máis extensa.

- Unha multitude celebrando o día do acendido, o 5 de decembro.

- Récord de participantes (142) no concurso de escaparates.

- Masivo recibimento da cidade a Papa Noel cos seus renos.

- 10 cheos consecutivos no Auditorio Municipal na programación de ecembro.

- Atraccións gratuítas ao aire libre durante 2 semanas: 2 tíovivos, 2 mininoras, 2 trens do Nadal, neve, photocalls, ramplas, xogos de destreza, parque do Nadal no Couto, poboados...

- Bus Musical con música en vivo.

- Hostalería con carteis de 100% de reservas

- Cheos nos actos ao aire libre do Concello en Fin de ano e Reis (na Alameda e na Praza de Santa Eufemia).

- E o colofón, a traca final, unha espectacular e multitudinaria Cabalgata de Reis con máis de 20.000 persoas nas rúas (infancia e maiores de toda a provincia) con 6.000 quilos de caramelos de alta gama repartidos (e onde ningún pequeno quedou sen tomar caramelos xa que eran sen glute nin lactosa)

A cidade remata así as mellores navidades da súa historia” asegurou Pérez Jácome, quen avanza que “o ano que vén, haberá máis e mellor”.