Sanidade

Investimento de 4M€ nun novo edificio de urxencias-pac en Verín

O novo edificio, que terá unha superficie de case 1.500 metros cadrados, contará cunha área clínica cunha zona de control de enfermería e sala de traballo de médicos con supervisión directa sobre as salas de observación e os 6 boxes.

Óscar Gómez

Ourense | 14.01.2022 08:05

Investimento de 4M€ nun novo edificio de urxencias-pac en Verín
Investimento de 4M€ nun novo edificio de urxencias-pac en Verín | onda cero

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou o investimento de 4 millóns de euros para construír un novo edificio de Urxencias e Punto de Atención Continuada (PAC) do Hospital Comarcal de Verín. E engadiu que tamén se realizarán actuacións de eficiencia enerxética na totalidade do centro hospitalario.

O novo edificio, que terá unha superficie de case 1.500 metros cadrados, contará cunha área clínica cunha zona de control de enfermería e sala de traballo de médicos con supervisión directa sobre as salas de observación e os 6 boxes. E, na zona do PAC disporanse dúas consultas médicas e unha de enfermería. A maiores, haberá unha consulta para casos sospeitosos de enfermidades infecciosas.

No tocante ás melloras para incrementar a eficiencia enerxética en todo o centro, Feijóo explicou que se impermeabilizarán as cubertas do antigo edificio e se instalarán 620 paneis fotovoltaicos para subministrar enerxía a todo o conxunto do hospital. Ademais, incrementaranse as prazas de aparcadoiro, que pasarán das 167 actuais a máis de 200.

Logo de Incidir en que “seguimos a cumplir os nosos obxectivos cos hospitais comarcais”, Feijóo lembrou que o Goberno galego leva investidos preto de 27 millóns de euros en melloras nos hospitais do Salnés, Barbanza, Monforte e A Mariña e estanse a executar actuacións nos centros hospitalarios de Valdeorras, Cee, Barbanza e O Salné