Gimnasia

Gran fin de semana dos conxuntos do Club Ximnasia Pavillón

Entre os días 23 a 26 de novembro participaron en Pamplona seis conxuntos dos Clubs Ximnasia Pavillón Ourense e Escola Pavillón, na Copa de España e no Campeonato Nacional de conxuntos.

Óscar Gómez

Ourense | 27.11.2023 08:06

Gran fin de semana dos conxuntos do Club Ximnasia Pavillón
Gran fin de semana dos conxuntos do Club Ximnasia Pavillón | onda cero

No Campeonato Nacional de Conxuntos os pavillonistas firmaron un exclente final de tempada nunha competición de alta participación.

O conxunto benxamín, único representante galego nesta categoría, realizou un excercicio moi ben executado que as colocou, no seu primeiro ano en competición nacional, na primeira mitade da táboa clasificatoria, co posto 21. O conxunto infantil do Escola Pavillón, mostrou a súa veteranía en competición nacional e colocáronse no posto 24 entre os 110 equipos participantes nesta categoría, o que as sitúa nunha moi boa posición entre os restantes conxuntos infantís de nivel base nacional.

O conxunto cadete do Escola Pavillón realizou un dos mellores pases da tempada co seu exercicio de pelotas e cintas, colocándose no posto 63 entre 0s 100 conxuntos que particpaban nesta categoría.

Os tres conxuntos dan así por finalizada a tempada e en breve comezarán xa coa preparación dos novos exercicios para 2024, non sen antes facernos disfrutar coa súa participación no XVII Torneo Nadal-Memorial Marosa Salgado Madriñán o vindeiro sábado día 2 de decembro na Cancha Central.

III FASE E FINAL DA COPA DE ESPAÑA DE CONXUNTOS ABSOLUTOS

O domingo participaban dous dos conxuntos de nivel absoluto nesta III Fase de Copa. Nesta competicion participan os mellores conxuntos do panorama nacional; dos cinco conxuntos que representaron á Federación Galego, dous foron do Pavillón.O conxunto alevín deu mostras novamente da súa mellora nesta parte do ano aínda que dous erros importantes baixaron a súa nota nesta competición. Colocáronse no posto 11º con un 19,100.

O conxunto junior do Escola Pavillón estivo tamén moi acertado na súa excecución e logrou colocarse no posto 16º con unha puntuación de 19,950. Na clasificación por autonomías, Galicia foi 8ª nesta fase e 9ª na Fase Final que é a suma das tres. Esta nota acadase coa mellor nota dos conxuntos galegos en cada unha das categorías e fases.

As adestradoras están moi orgullosas do traballo realizado polas ximnastas ás que aínda lles queda a competición máis importante do ano, o Nacional Absoluto de conxuntos entre os días 15 a 17 de decembro en Valladolid, competición á que asistirán estes dous conxuntos ademáis do junior do Club Ximnasia Pavillón Ourense. O día 3 de decembro disputarán en Vigo a fase autonómica, e tamén poderemos ver a estas ximnastas o día 2 no Torneo Nadal.