Ourense Cidade

Gañadores do Concurso de decoración de escaparates do Nadal 2022

A florería Brioenflor, a farmacia Martínez Paz e o Centro de día A Ponte gañan os premios do Concurso de decoración de escaparates do Nadal 2022.

Óscar Gómez

Ourense | 20.12.2022 12:41

Gañadores do Concurso de decoración de escaparates do Nadal 2022
Gañadores do Concurso de decoración de escaparates do Nadal 2022 | onda cero

O alcalde Pérez Jácome e representantes do CIFP Portovello, Viaqua e Ecourense entregaron os galardóns do certame, no que participaron 125 establecementos da cidade.

O primeiro premio (3.000 euros) foi para a florería Brioenflor (Avda Habana, 42)

O segundo premio (2.000 euros) foi para a a farmacia Martínez Paz, na rúa Francisco de Moure, 22, no barrio do Couto

O terceiro premio (1.000 euros) foi para o Centro de Día A Ponte, na rúa Basilio Álvarez, 7

Os 4 accésits foron para a Óptica Samuel Eiján, no número 11 da rúa do mesmo nome,;o salón de estética Mon Petit Salon, en Ramón Cabanillas, 1; a florería Bonsai, na Avenida de Santiago, 14; e a tenda de decoración Mandarina Home, en Ramón Cabanillas, 1

De acordo coas bases do concurso, os comercios manterán expostas estas decoracións até o día 8 de xaneiro, para que poidan ser contempladas por todas as persoas que o desexen.

O ano que ven, máis e mellor

O alcalde Gonzalo Jácome felicitou os gañadores, poñendo en valor as súas creacións, que confía que serán “un dos reclamos e puntos obrigados de visita” no Nadal da cidade. Agradeceulles a súa participación e animounos a participar de novo na próxima edición: “O ano que vén, máis e mellor. Vaise repetir o concurso e será máis difícil, pois faremos unha campaña aínda máis forte, na que imos involucrar máis comercios. Cada vez será máis difícil gáñalo, pero tamén vai ter moito máis mérito”.