Datos Paro

Galicia é a única comunidade onda o paro descende

O paro baixa en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e nas sete grandes cidades e en todos os colectivos prioritarios, un 31,67% entre menores de 30

Óscar Gómez

Ourense | 02.07.2021 11:16

El paro se incrementó en enero en la provincia de Ciudad Real
El paro se incrementó en enero en la provincia de Ciudad Real | Onda Cero

Os datos do paro evidencian que Galicia segue a resistir á covid-19 e prepara o camiño da recuperación económica. A Comunidade galega é a única que rexistrou un descenso consecutivo nos primeiros seis meses do ano. O desemprego baixou en xuño o 4,59%, ata situarse nas 157.718 persoas paradas, e houbo un incremento na contratación do 29,21% respecto do mes de maio. A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou a “tendencia positiva” que reflicten estes datos e que evidencian a resistencia do mercado laboral galego a pesares da pandemia e “certa vantaxe” da Comunidade cara á recuperación.

Lado valorizou que os datos coñecidos hoxe evidencian a baixada do paro na evolución anual e mensual, en todos os sectores de actividade (agricultura e pesca, industria, construción e servizos), nas catro provincias, nas sete grandes cidades e entre os colectivos prioritarios. De entre estes últimos, destacou a baixa no desemprego xuvenil (menores de 30 anos) no último ano, que se situou no 31,67%.

Galicia vén acumulando descensos de paro desde o mes de xaneiro. En xuño diminuíu en 7.588 persoas, o que supón un 4,59% menos respecto do maio precedente. Esta baixa porcentual na lectura mensual é a terceira maior nun mes de xuño desde 2007.

En canto á comparativa anual, con xuño de 2020, a directora xeral enfatizou que Galicia se atopa ante o maior descenso porcentual de toda a serie histórica de datos, que se remonta a 1996, ao reducir nun 14,59% o paro (-26.936 persoas), oito puntos por riba da media estatal. Galicia é ademais a terceira Comunidade que acusa unha maior baixada do paro no último ano en termos relativos, lembrou.