A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou as residencias de atención á discapacidade de Santa Cruz e As Flores, da Fundación San Rosendo, en Ourense. Alí puido felicitar as festas os usuarios e desexarlle un feliz aninovo, ademais de coñecer as actividades que teñen previstas para celebrar estas datas.
A directora xeral agradeceu á Fundación San Rosendo o seu traballo diario na cidade das Burgas e en toda Galicia para ofrecer atención de calidade ás persoas que o precisan. Así, sinalou que o Goberno galego colabora coas entidades sociais na creación de máis recursos públicos repartidos por toda a Comunidade.