Conciliación

Feijóo destaca que as casas do maior permitiron a concilicación no rural

Neste sentido, apuntou que a Xunta cuadriplicará a súa implantación durante este ano ao pasar de 20 a máis de 80 centros en toda a Comunidade

Óscar Gómez

Ourense | 22.03.2021 13:20

Feijóo destaca que as casas do maior permitirón a concilicación no rural
Feijóo destaca que as casas do maior permitirón a concilicación no rural | onda cero

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá unha das casas do maior situada no concello de Castrelo de Miño, onde destacou que estes pequenos centros de día supuxeron un avance histórico ao permitir por primeira vez a conciliación en concellos do rural.

Neste sentido, apuntou que a Xunta cuadriplicará a súa implantación durante este ano ao pasar de 20 a máis de 80 centros en toda a Comunidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a Casa do Maior en Castrelo de Miño
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, visita a Casa do Maior en Castrelo de Miño | onda cero

O presidente sinalou durante a visita, na que estivo acompañado da conselleira de Política Social, Fabiola García, e do alcalde da localidade, Avelino Pazos, que todas as persoas interesadas en poñer en marcha un destes centros poderán solicitalo nas vindeiras semanas. Así mesmo, lembrou que o Goberno galego habilitou un investimento de 5,3 millóns de euros para achegar estas casas do maior a máis xente.