Atletismo

Expourense acolle o Trofeo internacional Ibérico de probas Combinadas

Esta fin de semana a pista de Expourense despedirá oficialmente a tempada Indoor e farao por todo o alto ca celebración da que será a organización do primeiro encontro internacional de atletismo que se desenvolva nas pistas ourensás.

Óscar Gómez

Ourense | 13.03.2024 08:19

Expourense acolle o Trofeo internacional Ibérico de probas Combinadas
Expourense acolle o Trofeo internacional Ibérico de probas Combinadas | onda cero

Trátase do Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18, e Sub20 que xunto co Mitin Internacional Transfronteirizo 2 Paises-1 achegarán a Expourense aos equipos de España e de Portugal na procura deste clásico que como cada ano por estas datas se leva a cabo e que no día de hoxe foi presentado no recinto deportivo.

Con este novo encontro, a Real Federación Española de Atletismo, segue a elixir ás instalacións galegas para probas do seu calendario cuxas instalacións acollían recentemente por terceira vez, a organización do campionato de España absoluto indoor cun notabilísimo e destacado éxito tanto no organizativo como no deportivo.

A competición que se disputará os días 16 e 17 reúne aos atletas máis completos das categorías sub’18 e sub’20, de Portugal e España, na modalidade de heptathlon na categoría masculina, e de pentathlon na categoría feminina. Estarán compitindo o sábado en xornada de tarde ata o domingo en xornada de mañán

Mitin internacional Transfronteirizo-2 países 1 destino

Aproveitando a internacionalidade desta proba, lavarase de maneira paralela a iniciativa da celebración do Primeiro Mitin Internacional Transfronteirizo-2 países 1 destino como una proba de hermanamento entre o atletismo español en xeral e o galego en particular, coa Federación Portuguesa de Atletismo, en recoñecemento e gratitude polo seu comportamento e acollida cos atletas tanto galegos como do resto de España, que compiten no pais irmán.

Desta forma celebrarase, unhas probas de Mitin onde a participación será compartida entre atletas españois e atletas con licenza portuguesa, sendo a participación de balde para os atletas portugueses. Serán sobre vinte probas para atletas menores, absolutos e máster que se agarda permitan aos atletas alcanzar seu maior nivel, na xornada do sábado e do domingo.

A nivel de inscricións, cóntase cunha participación de máis de 300 atletas, que entre técnicos, persoal federativo e xuíces atraerán a cidade de Ourense a preto de medio milleiro de persoas.

Agradecementos

Hai que resaltar que sen o apoio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, da Deputación de Ourense e do Concello de Ourense non se podería levar a cabo este evento. Esta unión de forzas, representa nunha clara aposta de continuar convertendo a pista de Expourense nun referente do noroeste peninsular, baixo o paraugas dun modelo de colaboración interinstitucional que está funcionar á perfección.

Óptimo emprego da pista indoor de Expourense

Como balance xeral desta tempada compre salientar que o número de eventos deportivos desenvoltos arroxa unha cifra récord de 37 probas, sen contar ás máis de 120 sesións de adestramentos. Isto arroxa unha número de preto de 30.000 persoas que pasaron polas instalacións da Fundación Expourense, na modalidade de atletismo, o que sumado a tódolos eventos, ferias e congresos convirte ás instalacións nun verdadeiro referente tanto na cidade, como na provincia e na comunidade.

Ademáis neste ano establecéronse preto de sesenta novos récords galegos de todas as categorías o que pon de manifesto a enorme importancia e a gran optimización que para o atletismo galego e o deporte autonómico en xeral, supón o recinto cuberto