Institucional

Emma González toma posesión como xerente do Inorde

Manuel Baltar afirmou que a nova xerente chega ao Inorde “logo de ser o seu perfil o máis valorado, despois do proceso de libre concorrencia, deixando atrás unha etapa de éxito ao fronte de Expourense

Óscar Gómez

Ourense | 02.03.2021 08:43

Emma González toma posesión como xerente do Inorde
Emma González toma posesión como xerente do Inorde | onda cero

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu o acto de toma de posesión de Emma González como nova xerente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), acto ao que tamén asistiu o presidente desta entidade, Rosendo Fernández. Emma González, ata o de agora directora adxunta de Expourense, comeza así a desenvolver o seu labor ao fronte do Inorde, organismo autónomo da Deputación de Ourense que ten encomendadas funcións de dinamización da provincia, xestión de fondos europeos e colaboración público-privada nos ámbitos económico e social.

Manuel Baltar afirmou que a nova xerente chega ao Inorde “logo de ser o seu perfil o máis valorado, despois do proceso de libre concorrencia, deixando atrás unha etapa de éxito ao fronte de Expourense; unha traxectoria de traballo intachable, fundamentalmente en rede con outras organizacións, explotando as condicións máis importantes da nosa provincia”.

O presidente do goberno provincial salienta que Emma González “dará ao Inorde unha nova velocidade, nun momento especialmente importante no que atinxe aos fondos europeos, para desenvolver un labor de máxima relevancia para a nosa provincia en sectores como o agroalimentario e o ámbito do turismo, e conta cun equipo perfectamente deseñado para conseguir os seus obxectivos, entre os que figura o gran reto do programa de goberno da institución provincial “Ourense 7273”, ao que iremos sumando novos proxectos grazas á súa capacidade para xerar traballo en rede e contactos en asuntos tan importantes como o termalismo e o turismo; e, sen dúbida, ese novo pulo que lle vai dar ao Inorde avanza cara á gran profesionalización e á identificación cos obxectivos do Inorde, que son os da provincia”. “Emma González –subliña Baltar- está chamada a liderar este novo momento nun organismo autónomo que precisa deste novo empuxe”.

Emma González é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Comunicación Empresarial. Conta cunha experiencia de máis de quince anos traballando no sector público e desempeñando cargos de dirección, así como no Consello executivo do Clúster de Turismo de Galicia, sendo, ademais titulada en Xestión sostible de destinos turísticos.

52 novos vehículos renovan a frota da Deputación

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou a nave de maquinaria da institución provincial, no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, para asistir á recepción de 52 novos vehículos que renovan a frota do parque móbil da Deputación “e que contribuirán a mellorar os servizos que ofrecemos a concellos e veciñanza en todo o territorio provincial”, destacou Manuel Baltar. Os novo vehículos, adquiridos por medio da modalidade de renting, son de baixa contaminación e están integrados no programa estratéxico de mellora continua de renovación da frota que a Deputación vén impulsando desde 2012 para seguir mellorando a eficiencia e as condicións de traballo.

O presidente do goberno provincial salientou que tanto o servizo de mantemento de vías provinciais como todos os demais que a Deputación desenvolve cooperando cos concellos “supoñen un compromiso de identificación co territorio por parte desta administración provincial, como tamén o é o feito de dotar de máis medios e recursos ao persoal, neste caso cunha flota de novos vehículos que van contribuír a mellorar as prestacións da Deputación”. Isto é unha consecuencia directa do estado económico da institución, con “débeda cero”, “que nos permite facer estas achegas, estas adquisicións, que teñen como obxectivo a mellora permanente dos nosos servicios”, expresa Baltar.

nova frota de vehículos da Deputación de Ourense
nova frota de vehículos da Deputación de Ourense | onda cero