Día do libro en CC Ponte Vella
O Centro Comercial Ponte Vella súmase o sábado á actividade cultural conmemorativa do Día do Libro cun programa de actividades no que participarán 24 escritores ourensáns e que inclúe actividades para os máis pequenos.
O programa desenvolverase na segunda planta e comezará as 11:30 horas cunha presentación. O longo da xornada e ata as 21:00 horas, un total de 24 escritores ourensáns estarán promocionando ó publico as súas publicacións e asinando dedicatorias.
A partir das 12:30 desenvolverase unha exhibición de baile que contará coa actuación de 15 grupos de alumnos da Escola de Danza Estilo Libre.
Xa pola tarde, a partir das 16:30, a escritora Marta Maceda Gil dirixirá un contacontos para nenos entre 4 e 6 anos que irá acompañado de mostras e ilustracións da historia infantil. O rematar a actividade, obsequiarase ós nenos cun set de pinturas e debuxos para colorear.
Despois do contacontos a escritora presentará súa obra de literatura infantil "Lisa Supersonrisa e Mika A Quejica".
O programa de actividades rematará na planta baixa cun obradoiro infantil de Escritura Creativa en Cuncas de cerámica no que os nenos aprenderán a decorar cuncas con textos, citas e debuxos que levarán como agasallo.
O programa inclúe una exhibición de baile e para os nenos, contacontos e taller de escritura creativa en cuncas.