As Festas de Ourense que se desenvolverán até o domingo, 26, traerán consigo cortes de tráfico nas tres ubicacións principais onte terán lugar as actuacións e atraccións.
Concertos na Avenida Pardo de Cela. Desde a glorieta Nexus e a glorieta Salvador Dalí-Remedios ata a Praza de Concepción Arenal.
Desde o día 22 ás 10:00 horas, cortarase este espazo e haberá viais de acceso a garaxes – nas rúas Francisco Llorens e dobre sentido pola rúa Avilés de Taramancos -.
Corte por montaxe do escenario o día 23 desde ás 23:00 horas ata ás 05:00 horas do día 25.
Corte total da zona – incluído prohibición de acceso a garaxes -, unha hora antes das actuacións previstas ata a finalización dos concertos.
Orquestras na rúa Progreso. Desde a intersección coa rúa Ervedelo ata a baixada á Praza de Abastos.
Corte por montaxe de escenario desde ás 13:00 horas ata as 05:00 do día seguinte ao das actuacións.
Corte total da zona unha hora antes das actuacións previstas.
De ser preciso cortar o tráfico no Xardín do Posío, este desviaríase na interseccións da rúa Progreso con Marcelo Macías, impedindo acceder hacia a Alameda e ademais cortaríase Parada Justel.
Zona Parque Barbaña
Cortes desde ás 18:00 horas, e afecta ás rúas Salvador de Madariaga, Pura e Dora Vázquez, Doutor Fleming-Portocarreiro, Ponte Pedriña-Avilés de Taramancos.
Vías alternativas
A Policía Local recoméndalles aos condutores que durante estes días utilicen itinerarios alternativos nos seus desprazamentos pola cidade. Concretamente:
Desde o barrio da Ponte, acceder ao centro da cidade pola Ponte Nova – zona centro -, e pola Ponte do Ribeiriño – zona do Couto -, e viceversa.
O tráfico do centro que pretenda acceder á N-120 cara a Vigo ou Monforte, ou á N-525 cara a Madrid ou Santiago, deberá facelo pola glorieta da zona das Lagoas, ou ben a través de Ervedelo, aínda que esta alternativa non é recomendable, pois esta rúa aglutinará moito tráfico-
A Policía Local advirte tamén que o tráfico da Avenida da Habana e da rúa Sáenz Dez que chegue á Praza de Concepción Arenal non vai poder acceder á rúa Pardo de Cela, en tramos horarios amplos, polo que se prevé que poida cargarse de tráfico a rúa do Progreso sendo máis práctico desviarse antes por Xoán XXIII ou mesmo Concello de non utilizar outra alternativa para evitar a devandita zona.