"Esta crise que a paguen quen máis teñen” Concentración en Ourense para que “esta crise a páguen quen máis teñen” Un grupo de persoas e representantes de 8 organizacións concentráronse esta seran diante da Subdelegación do Goberno, baixo o lema “Esta crise que a pague quen máis ten” para denunciar o empobrecemento dunha maioría da poboación que se estende entre amplas capas da poboación.
Os concentrados leron un comunicado no que denuncian que “vivimos unha situación especialmente grave para a maioría da poboación e sobre todo para os sectores máis débiles. A inflación fainos máis pobres xa que nin salarios nin pensións están a subir ao ritmo que crece a inflación, ao que se suma a escandalosa subida das hipotecas”. “Ao mesmo tempo os grupos economicamente máis poderosos, a gran banca, as eléctricas ou as petroleiras e as grades cadeas de distribución de alimentos declaran grandes beneficios”, puntualiza o comunicado das organizacións que se concentraron lido polos asistentes entre outros: Contigo Galicia, Comité Antisida, Ourense Mellor, Plataforma Ibérica, Podemos, Recortes Cero, UCE e Xuventudes Socialistas de Galicia