Ourense Cidade

O Concello tendrá que xustificar as obras realizadas na Praza de Abastos para manter a subvención

Pesentará alegacións ante a comunicación do Ministerio de Fomento que pon en dúbida a primeira anualidade da axuda

Óscar Gómez

Ourense | 19.02.2021 08:48

Praza de Abastos
Praza de Abastos | Concello de Ourense

O Concello de Ourense presentará alegacións á comunicación que lle realizou o Ministerio de Fomento na que pon en dúbida a subvención, por importe de 1.190.000 euros, correspondentes á primeira anualidade das obras de rehabilitación e reforma da Praza de Abastos número 1 de Ourense.

O Ministerio comunica na súa misiva que o día 7 de xaneiro rematou o prazo de xustificación da subvención, correspondente á primeira anualidade, e que o Concello debe devolver a axuda ou presentar alegacións. O Concello de Ourense presentará alegación, achegando a xustificación das obras realizadas ata o de agora coa finalidade de manter a subvención na maior contía que sexa posible.

As obras víronse afectadas e demoradas como consecuencia do estado de alarma orixinado pola pandemia da COVID-19, así como pola presenza de ocupas que retrasaron o inicio dos traballos, aínda que actualmente avanzan a bo ritmo. As obras teñen un orzamento total de 4,8 millóns de euros, dos que o Concello achega un 35% por un 65% do Ministerio.

O alcalde discrepa da comunicación do Ministerio de Fomento e aprecia un cambio de actitude do goberno central en relación a este proxecto desde que comezaron as obras. Así, fai fincapé en que nos encontros mantidos co goberno do Estado para realizar estas obras “dábannos todas as facilidades, até o momento en que se adxudicaron as obras e non había marcha atrás. Entón, comezaron os problemas”, asegura.

O alcalde aprecia “a man negra do PSOE de Ourense, que move as súas influencias en Madrid para que saian mal os proxectos de Ourense coa finalidade de obter réditos políticos, aínda que prexudique a cidad