Concello de ourense

O Concello reducirá á metade o prezo por viaxe no bús urbano

A xunta de goberno local aprobou solicitar estas axudas, que permitirán reducir á metade o prezo por viaxe das tarxetas milenio ordinaria e de estudantes.

Óscar Gómez

Ourense | 22.09.2022 08:51

O Concello reducirá á metade o prezo por viaxe no bús urbano
O Concello reducirá á metade o prezo por viaxe no bús urbano | onda cero

O Concello de Ourense acudirá finalmente á convocatoria de axudas do goberno estatal para rebaixar o prezo do transporte en autobús urbano. A xunta de goberno local aprobou este mediodía en sesión extraordinaria solicitar estas axudas, que permitirán reducir á metade o prezo por viaxe das tarxetas milenio ordinaria e de estudantes.

O goberno municipal tiña intención de abordar unha reestruturación en profundidade das tarifas do servizo municipal, coincidindo coa remodelación das liñas de autobuses e a incorporación de novos vehículos. Como queira que a remodelación das liñas e a chegada dos autobuses se retrasa, o goberno municipal decide non esperar e acollerse xa a esta convocatoria.

O acordo da xunta de goberno local inclúe:

Solicitar as axudas ás entidades locais que prestan o servizo de transporte colectivo urbano para implantar a redución do prezo nos abonos/títulos multiviaxe e polo período temporal que se indica no apartado 2º, de acordo coa Orde Ministerial do 15 de xullo de 2022, pola que se dá cumprimento ao capítulo II, relativo a axudas ao transporte urbano e interurbano, da Real Decreto- Lei 11/2022, do 25 de xuño.

Acordar a redución dos prezos dos títulos multiviaxes seguintes, aos importes e durante o período temporal que se indica a continuación:

Período de aplicación da redución: do 22 de setembro ao 31 de decembro de 2022 (ambos os incluídos)

Tarxeta Milenio Ordinaria: Prezo bonificado por viaxe (IVE incluído): 0,31 € Porcentaxe de bonificación: 50 %

Tarxeta Milenio Estudantes: Prezo bonificado por viaxe (IVE incluído): 0,22 € Porcentaxe de bonificación: 48,83 %

No acordo, faise constar para os efectos oportunos que o resto de abonos ou títulos multiviaxes existentes non son susceptibles de bonificación, ao acharse xa bonificados nun 100 % pola Ordenanza Fiscal vixente. Dar traslado do acordo á empresa que presta o servizo, Autobuses Urbanos de Ourense S.L. para que proceda á aplicación, desde a data indicada, da redución de prezos. A empresa deberá facer chegar ás persoas usuarias do servizo información de que os descontos implantados están financiados polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana