Ourense Cidade

O Concello de ourense pon en marcha obradoiros de educación deportiva

A Concellería de Educación do Concello de Ourense pon en marcha unha nova edición do ciclo de obradoiros “Educación deportiva para a vida”, dirixido a escolares de 5º e 6º curso de Primaria, Secundaria e Bacharelato dos centros educativos da cidade.

Óscar Gómez

Ourense | 01.02.2023 08:57

O Concello de ourense pon en marcha obradoiros de educación deportiva
O Concello de ourense pon en marcha obradoiros de educación deportiva | onda cero

Esta iniciativa ten como finalidade fomentar a saúde integral dos nenos e das nenas, empregando a actividade física e o deporte como medio para conseguilo. Educación deportiva para a vida estrutúrase para evitar o abandono e o fracaso escolar partindo da motivación real, valorando todas as intelixencias, e dando visibilidade ao camiño que outras persoas abriron antes cara a un futuro profesional vinculado co deporte. Durante este curso participarán un total de 2.731 escolares daqueles centros que o solicitaron, comezando no CPR Luis Vives mañá, mércores, 1 de febreiro, ás 10:30 horas.

Esta iniciativa forma parte do programa educativo Educación en Saúde, e imbricada no Programa Saúde Integral, da Fundación SHE que preside o prestixioso cardiólogo Valentín Fuster.