O Concello de Ourense sumouse á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias celebrando un acto de solidariedade co pobo ucraíno consistente nunha concentración silenciosa de cinco minutos fronte ás portas da Casa do Concello, á que asistron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e representantes de todos os grupos municipais do Concello de Ourense: DO, PP, PSdeG-PSOE, C´s e BNG.
Ao remate do acto, o alcalde que explicou que o Concello está a traballar de xeito coordinado coas demais administracións para canalizar a axuda da veciñanza de Ourense cara o pobo de Ucraína, nun traballo para o que se habilitou un local municipal no barrio das Lagoas, e desenvolvendo unha acción transversal, que implica as diferentes áreas municipais, liderada pola Concellería de Servizos Sociais.
A concelleira Eugenia Díaz Abella subliñou a grande implicación da cidadanía nesta axuda ao pobo ucraíno: “Está respondendo extraordinariamente. Hoxe a nave de Protección Civil está abarrotada de material clasificado para ser enviado a Ucraína, tamén os centros cívicos, equipos deportivos, entidades privadas, guarderías, colexios, ANPAs... É abrumadora a solidariedade de todos os ourensáns e de todas as ourensás co pobo ucracaíno, e quero agradecerllo. Agora o noso labor é clasificar e canalizar o material para que vaian saíndo os distintos convois de axuda”.