Concello de ourense

O Concello de Ourense embelece a cidade con máis de 22.500 novas plantas

A Concellería de Medio Ambiente iniciou os traballos de acondicionamento e embelecemento no conxunto das rúas da cidade, con traballos de recuperación e mellora da estética de Ourense.

Óscar Gómez

Ourense | 13.06.2022 08:15

O Concello de Ourense embelece a cidade con máis de 22.500 novas plantas
O Concello de Ourense embelece a cidade con máis de 22.500 novas plantas | onda cero

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente vén de iniciar os traballos de acondicionamento e embelecemento no conxunto das rúas da cidade, con traballos de recuperación e mellora da estética de Ourense.

que os ourensáns desfruten e presuman da súa cidade

Esta acción en marcha, como explica o concelleiro Jorge Pumar, ten un fin: “que os ourensáns desfruten e presuman da súa cidade, paseando por unha urbe chea de cor, da cor que lle proporcionarán as máis de 22.500 novas plantas e decoracións florais. Pretende, tamén, servir de reclamo para que as rúas comerciais luzan con maior esplendor, incentivando as compras na cidade”.

Ao longo destas semanas, iniciáronse os traballos de mellora da estética da cidade, que se están centrando na plantación de nova xardinería e na posta en valor dos distintos elementos decorativos florais, como poden ser os xardíns con céspede e flores.

 O Concello de Ourense embelece a cidade con máis de 22.500 novas plantas de temporada
O Concello de Ourense embelece a cidade con máis de 22.500 novas plantas de temporada | onda cero

As especies florais elixidas para os acondicionamentos inclúen plantas de tempada como as begonias, xeranios, tajetes amarelos e laranxas, patulas, ou Impatiens sumpatiens, entre outras. Todas elas, con cores vistosas para o embelecemento da cidade.

As actuacións abarcan o conxunto da cidade, con especial atención ás entradas da cidade, as rúas comerciais, ou os espazos singulares como pode ser a zona das Burgas, a zona de entrada á cidade pola ponte do Milenio, ou zonas céntricas coma o parque da Ponte ou o parque de San Lázaro.

Para Jorge Pumar, esta actuación “permitirá que a cidade luza máis amable e alegre, para que os ourensáns a desfrutemos, pero tamén servirá para que a cidade sexa máis atractiva cara aos visitantes este verán.