Concello de ourense

O Concello organiza unha nova edición do proxecto Nexos

Desenvolverase de outubro de 2022 a maio de 2023 no Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM), na rúa do Ensino.

Óscar Gómez

Ourense | 13.10.2022 08:11

 O Concello organiza unha nova edición do proxecto Nexos
O Concello organiza unha nova edición do proxecto Nexos | onda cero

A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense porá en marcha este mes de outubro unha nova edición do proxecto Nexos. Esta iniciativa ten como finalidade dar resposta ás necesidades detectadas en mulleres que atravesan por situacións de violencia de xénero, para poñelas en relación entre si e co contorno social máis próximo. O proxecto tamén incidirá naquelas áreas deficitarias a nivel persoal, familiar e social para poder normalizar a súa situación e, simultaneamente, para poder prestarlles un servizo máis eficaz, eficiente e de calidade.

O proxecto desenvolverase de outubro de 2022 a maio de 2023 no Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM), na rúa do Ensino, número 24, teléfono 988393191, e participará un grupo de vinte mulleres que son usuarias dos servizos do CIMM.

Os contidos organizaranse por meses e abordarán diferentes temáticas, explican desde o CIMM; como “a violencia de xénero e as vivencias particulares asociadas a esta, a sexualidade como a vivencia das mulleres que estamos sendo con estas circunstancias, os coidados, a idea de amor, estar en parella, habilidades comunicativas, o corpo cada cal á súa peculiar maneira, entre outras”.