Concello de ourense

O Concello instalará pasos peonís con sinalización luminosa para detección de persoas

O proxecto súmase ao da instalación de pasos de peóns elevados, á que destinará outros 416.000 euros.

Óscar Gómez

Ourense | 14.09.2022 08:01

O Concello instalará pasos peonís con sinalización luminosa para detección de persoas
O Concello instalará pasos peonís con sinalización luminosa para detección de persoas | onda cero

O Concello de Ourense mellorará a seguridade peonil na cidade coa instalación de pasos peonís con sinalización luminosa por detección de personas. A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou en sesión extraordinaria o expediente para contratar a execución destas obras, cun orzamento de licitación de 418.960,94 euros, IVE engadido. No mesmo acordo, a xunta local dispón o procedemento de adxudicación, por procedemento aberto.

O Concello avanza así no desenvolvemento de proxectos que teñen como finalidade a mellorar a seguridade nos desprazamentos peonís na cidade, logo de aprobar a semana pasada, en xunta de goberno local, o expediente para contratar, tamén mediante procedemento aberto, as obras de mellora da seguridade peonil mediante pasos de peón elevados, por un importe de 416.231,09 euros, IVE engadido

Neste caso, o obxecto do contrato é a realización de actuacións de accesibilidade en varios pasos peonís da cidade que na actualidade presentan deficiencias que convén mellorar para favorecer a seguridade viaria e a accesibilidade universal e a non discriminación das persoas para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados.

O proxecto desenvolverase nos pasos de peóns da rúa Chano Piñeiro número 6, estrada da Granxa número 2, estrada da Granxa número 24, rúa Doutor Fleming número 27, rúa Escultor Failde número 6, rúa Sáenz Díez, rúa Ponte Lebrona - Antonio Puga, rúa Pena Trevinca, número 29, rúa Serra Martiña, número 32, rúa Otero Pedrayo, rúa Rampla de Sas, número 32, rúa Vilarreal, rúa Pablo Iglesias e rúa José Antonio Nieves Conde.