Ourense Cidade

O Concello engalana as rúas de Ourense con acivros decorativos

O Goberno Municipal promoverá unha campaña de recollida das árbores ornamentais logo das datas festivas, incentivando a volta á vida destas especies no viveiro municipal.

Óscar Gómez

Ourense | 21.11.2022 08:07

O Concello engalana as rúas de Ourense con acivros decorativos
O Concello engalana as rúas de Ourense con acivros decorativos | onda cero

O Concello de Ourense colocou acivros ornamentais en diferentes puntos da cidade. Con esta iniciativa, unida á iluminación de Nadal e a un programa festivo que se irá desvelando nos vindeiros días, o Concello quere animar a cidadanía a saír ás rúas e gozar do ambiente destas datas. Igualmente, preténdese engalanar as rúas como incentivo para a campaña de Nadal do comercio local.

Desde o goberno municipal exhórtase ao coidado destas árbores, que se manterán nas rúas de Ourense até o remate das festas. Chegado este punto, organizarase unha recollida das especies ornamentais, establecendo un punto fixo para que a cidadanía os poida depositar -en vez de botalos ao lixo- e promover unha nova vida para estas especies no viveiro municipal.