Día das Letras Galegas

O Concello conmemorará o Día das Letras Galegas co espectáculo “Florencio coas letras”

Música, circo, danza, poesía y las artes escénicas se darán cita para en un espectáculo gratuito para conmemorar el día De las Letras

Óscar Gómez

Ourense | 12.05.2022 09:57

O Concello conmemorará o Día das Letras Galegas co espectáculo “Florencio coas letras”
O Concello conmemorará o Día das Letras Galegas co espectáculo “Florencio coas letras” | onda cero

O vindeiro martes, 17 de maio, conmemórase o Día das Letras Galegas, este ano dedicado á figura de Florencio Delgado Gurriarán. O Concello de Ourense súmase ás actividades que se celebran nesta senlleira data, e organiza a actividade “Florencio coas letras”, o vindeiro martes ás 20:00 horas na Praza Maior.

“Florencio coas letras” é un espectáculo dirixido ao público familiar cun claro compoñente didáctico que conxuga diferentes expresións artísticas: música, danza, poesía e as artes escénicas. Tamén estarán presentes no espectáculo outros elementos moi significativos na nosa terra como é a auga e o lume, eles serán os encargados de transmitir a necesidade de pór en valor a nosa natureza.

O espectáculo contará co apoio da música e un grupo profesional de danza, que traballará cunha tea artística xigante. A poesía formará parte central do acto e que terá como protagonista ao autor homenaxeado nas Letras Galegas este ano, Florencio Delgado Gurriarán.