Ourense Cidade

O Concello amenizará a festa dos Maios con música tradicional e dous concertos gratuítos na Praza Maior

O alcalde Gonzalo Jácome anima o público a participar desta celebración tan típica da cidade que coincidirá ademais co Día da Nai, o domingo, 7 de maio.

Óscar Gómez

Ourense | 27.04.2023 11:49

O Concello amenizará a festa dos Maios con música tradicional e dous concertos gratuítos na Praza Maior
O Concello amenizará a festa dos Maios con música tradicional e dous concertos gratuítos na Praza Maior | onda cero

O Concello de Ourense amenizará a festa dos Maios, declarada de interese turístico polo Consello da Xunta de Galicia do 4 de outubro de 2001, con música tradicional, ruadas de cabezudos e xigantes, e dous concertos gratuítos na Praza Maior: o da formación ourensán Tor -e convidados-, e cun serán de fados, tributo a Amalia Rodrigues a cargo das artistas Cristina Madeira, Silvana Peres e Sofia Ramos.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome anima o público a participar desta celebración tan típica da cidade que coincidirá ademais o domingo, 7 de maio, co Día da Nai, e a asistir ás diferentes actividades programadas. Comezarán ás 11.00 h na rúa do Paseo e contorna da praza do Padre Feijoo, e continuarán até a noitiña con xogos populares e música durante toda a xornada.

11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas. Xardíns do Padre Feijoo.

Ruada cos cabezudos e xigantes e música tradicional.

Xogos populares.

11.00 horas. Rúa do Paseo.

Exposición de Maios

12.00 horas. Xardíns Padre Feijoo

Canto de coplas diante do xurado

13.00 horas. Praza Maior.

Concerto de Tor e convidados

18.00 horas. Rúa do Paseo.

Entrega de premios co canto das mellores coplas.

19.30 horas. Praza Maior.

Tributo a Amalia Rodrigues.

Serán de Fados. Con Cristina Madeira, Silvana Peres e Sofia Ramos

O prazo segue aberto para participar nos concursos de coplas e maios da Festa dos Maios para asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e particulares, que poden inscribirse até o martes día 2, ás 14.00 horas.