Concello de Ourense

O Concello agasallará con castañas os viandantes con seis postos de castañeiras

As seis castañeiras, repartidos nas rúas do Paseo e Lamas Carvajal, e na Praza Maior, comezarán o reparto ás 18.00 horas, de forma gratuíta, até as 22.00 horas ou até que se esgoten as existencias.

Óscar Gómez

Ourense | 09.11.2021 19:20

O Concello agasallará con castañas os viandantes con seis postos de castañeiras
O Concello agasallará con castañas os viandantes con seis postos de castañeiras | onda cero

O Concello de Ourense regalará, durante a tarde do xoves 11, cornetes de castañas entre todos os viandantes que se atopen polo centro da cidade. Será a través das seis castañeiras que estarán nas rúas do Paseo e Lamas Carvajal, así como na Praza Maior.

O reparto das castañas -unha vintena en cada cornete- comezará ás 18.00 horas, de forma gratuíta, até as 22.00 horas ou até que se esgoten as existencias. “A planificación dos actos de San Martiño atrasouse debido á Covid”, asegura o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, “pero a falta de castañas e chourizos, este reparto servirá para amenizar as rúas”.

O resto das actividades seguen como se adiantou onte: as actividades comezarán ás 12.00 horas con ruadas de gaiteiros e cabezudos por diferentes rúas da cidade, animando a veciñanza a celebrar esta singular data. A esa mesma hora comezarán, tamén, os espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar en diferentes emprazamentos da cidade, xa que haberá carpas no barrio da Ponte -xunto á ponte romana-, no Xardín do Posío, na praza do Bispo Cesáreo e no parque do Barbaña, con actuacións de Magín Blanco, Culturactiva, O mago Teto e Rilo & Penadique.

O prato forte desta programación será a actuación da orquestra París de Noia, desde as 19.00 horas na Avenida Pardo de Cela. Todas as actividades son gratuítas, e o acceso ás carpas e ao converto da París de Noia é libre ata completar o aforo establecido en cada caso.

Gaiteiros e cabezudos polas rúas da cidade:

12.00 Ruada de gaiteiros De Pé Feito cos cabezudos

13.00 Ruada dos gaiteiros Os Daniñas e Par de Par

18.00 Ruada de gaiteiros De Pé Feito cos cabezudos

19.00 Ruada dos gaiteiros Os Daniñas e Par de Par

Carpas infantís na Ponte, Posío, Bispo Cesáreo e Barbaña, actuacións tres pases en horario de 12.00, 17.00 e 19.00 horas. Capacidade limitada.

Magín Blanco e a Banda das apertas. Espectáculo musical

Horario:12.00, 17.00 e 19.00 horas

Público: Familiar

Duración: 60 min

Localización: Na Ponte (parque xunto Ponte Romana)

Culturactiva producións co espectáculo Saaabor. Espectáculo cómico que mestura maxia, humor, ritmo, participación do público e ata cociña en directo...

Horario:12.00, 17.00 e 19.00 horas

Público: Familiar

Duración: 75 min

Localización: Xardín do Posío

Mago Teto, O Afiador. Espectáculo en torno a unha roda de afiar dos anos 30.

Horario:12.00/17.00 e 19.00 horas

Público: Todas as idades

Duración: 45 min

Localización: Parque do Barbaña

Rilo & Penadique, Historias con susto para durmir a gusto. Unha peculiar ollada sobre as historias de sempre, desas de antes de ir durmir.

Horario:12.00, 17.00 e 19.00 horas

Público: Familiar (+ 5 anos)

Duración: 45 min

Localización: Bispo Cesáreo

París de Noia. De 19.00 a 21.30 horas Orquestra París de Noia, na Avenida Pardo de Cela. Acceso libre e gratuíto até completar aforo.