A esta subvención poderán acollerse aquelas AA.VV., constituídas legalmente, que presenten programas ou actividades, tales como actividades lúdicas, festivas, culturais ou deportivas, cuxo obxecto sexa mellorar a convivencia e que favorezan a relación, colaboración e integración entre a veciñanza e que non conten con axudas municipais específicas.
O gasto destinado a cubrir estas subvencións é de 65.000 €, segundo foi aprobado pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión ordinaria do día 27 de abril de 2023. O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días hábiles, que comezan a contar hoxe, luns, 10 de xullo -até o luns 31, de xullo, último día-.
Poderán consultar as bases e a convocatoria no siguente enlace Concello de Ourense