Ourense Cidade

O Concello abre abre a preinscrición para o Espazo Coeduca dirixido a nenos / as de 6 a 12 anos

As actividades realizaranse na Concellería de Igualdade (rúa do Ensino 24, no barrio do Couto) en quendas mensuais durante os meses de xullo e agosto de 2023 en horario de 9:00h a 14:00h.

Óscar Gómez

Ourense | 12.06.2023 08:43

O Concello abre abre a preinscrición para o Espazo Coeduca dirixido a nenos / as de 6 a 12 anos
O Concello abre abre a preinscrición para o Espazo Coeduca dirixido a nenos / as de 6 a 12 anos | La voz de galicia

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Igualdade, abre o prazo de preinscrición para as actividades de conciliación da vida laboral e familiar Espazo Coeduca, un programa socioeducativo e coeducativo dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos.

As actividades realizaranse nas dependencias do Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM), na rúa do Ensino 24 -no barrio do Couto-, en quendas mensuais durante os meses de xullo e agosto en horario de 9:00h a 14:00h. O programa, desenvolvido pola entidade Canvas Galicia, contará con actividades, dinámicas e xogos coidadosamente deseñados para garantir un lecer non sexista e traballar valores relacionados coa igualdade dun xeito lúdico.

As inscricións realizaranse de xeito presencial na Concellería de Igualdade, tras realizar unha preinscrición en liña a través do código QR do cartel ou do enlace dispoñible na páxina web do Concello de Ourense, no siguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe0UuY6Jhs7YjaCb_fU28YTpEBBVsAYnGaxeYt95pvCQGx9dg/viewform

Persoal da Concellería de Igualdade porase en contacto coas persoas preinscritas co obxectivo de achegarlles información, entregar a documentación requirida e finalizar o proceso.