Altetismo

Celta e Gimnástica domiñan a Copa Xunta de Galicia

Atletismo Femenino Celta na categoría feminina e Sociedad Gimnástica de Pontevedra na masculina, cumpriron os prognósticos e impuxéronse nunha nova edición correspondente á Copa Xunta de Galicia de Clubs de pista cuberta disputada en Ourense e que xuntou aos oito mellores equipos galegos de cada categoría.

Óscar Gómez

Ourense | 09.01.2023 09:39

Celta e Gimnástica domiñan a Copa Xunta de Galicia
Celta e Gimnástica domiñan a Copa Xunta de Galicia | onda cero

Os pontevedreses lograban sumar un novo título copero logo de rematar a competición cun total de 90,5 puntos o que lle permiten ampliar a formidable racha consecutiva de dez copas gañadas. No día de hoxe o seu triunfo estivo cimentando nas victorias parciais tanto de Victor Gallego en peso como de Anxo Blanco en triplo, Carlos Porto nos 3.000 m. e a do sevillano Alfonso García en altura.

Xunto aos gañadores, o Real Club Celta ocupada o segundo lugar do podio logo de sumar 86,5 puntos e o Atletismo Santiago facía o propio no terceiro lugar cun total de 63 puntos.

Nas mulleres tampouco existiron sorpresas, cun Celta Feminino domiñando comodamente o encontro no que chegaba a sumar un total de 85 puntos grazas en parte, aos triunfos parciais na proba dos relevos; de Andrea Pais nos 200 m. Esther Navarrete nos 3.000 m. e das atletas filiais Lola Bouza na pértega e da plusmarquista galega dos 100 m. Ainhoa Repáraz nos 60 m. Este podio supón a novena vez que as celestes logran este título erixíndose como as grandes domiñadoras do mesmo.

Acompañando ao Celta estiveron en zona de podio as pontevedresas da Gimnástica a catorce puntos e o Ría Ferrol no terceiro lugar a dazaseis.

Ca entrega de trofeos, que estivo presidida estivo polo presidente da FGA Iván Sanmartín, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez, o Delegado de deportes da Xunta en Ourense Manuel Pérez, o representante da Deputación de Ourense Bernardino González e o responsable de Expourense Mario González, púxose punto e peche a esta excelente xornada competitiva.