Gimnasia Ritmica

Celebrouse no pavillón dos Remedios a clasificación da copa de españa de conxuntos

14 ximnastas do Pavillón competirán nas vindeiras citas nacionais durante os meses de xuño e xullo.

Óscar Gómez

Ourense | 22.05.2023 08:05

Celebrouse no pavillón dos Remedios a clasificación da copa de españa de conxuntos
Celebrouse no pavillón dos Remedios a clasificación da copa de españa de conxuntos | onda cero

Os conxuntos alevín e junior do Club Ximnasia Pavillón Ourense e o conxunto junior do Escola Pavillón buscaban a clasificación para a II Fase da Copa. O conxunto alevín (Claudia, Alma, Olga, Lara, Carla e Bianca) mostrou de novo a súa excelente progresión e con moi poucos erros acadou unha excelente puntuación. Os conxuntos junior tiveron algúns erros e foi o junior do Ximnasia Pavillón Ourense (Candela, Laura, Claudia, Mariña e Noa) o que acadou a praza para representar a Galicia. Por tanto, esta vez, serán os dous conxuntos do Ximnasia Pavillón Ourense (alevín e junior) os que competirán entre os mellores de España na fase que terá lugar no Paco Paz o día 9 de xullo.

Campionato Nacional Individual clubs-fase autonómica

As 11 compoñentes dos conxuntos alevín e junior do Pavillón Ourense competían co resto de clubs de Galicia buscando clasificación para o Nacional que terá lugar en Ourense entre os días 6 a 8 de xullo. Pola mañán e, depois dalgunhas horas de tensión vivida no desenvolvemento do clasificatorio de conxuntos, competían os dous equipos junior cos seus exercicios individuais. Desta vez non tiveron o seu mellor día e non lograron o seu propósito nunha categoría moi disputada.

Na xornada de tarde os dous equipos alevíns realizaron uns excelentes exercicios. O equipo formado por Alma, Olga e Carla lograban o primeiro posto seguidas a só 15 centesimas das súas compañeiras Lara, Claudia e Bianca.

Individual Masculino

O Club Ximnasia Pavillón Ourense deu mostras dun excelente nivel nesta modalidade. Na categoría infantil José Vázquez Gómez acadou o primeiro posto da clasificación seguido de Patrick Célis López.

Pero sen dubida o éxito máis aplaudido, por ser o máis disputado, por toda a grada pavillonista foi o de Eduardo Rodríguez Montero (categoría junior) que lograba situarse en 4º lugar nos tres aparatos (corda, aro e cinta) e tamén na clasificación xeral, o que lle deu o pase ó Nacional. Os tres estarán en Santander entre os días 21 e 26 de xuño.