Comercio

A campaña "Mercar no teo comercio" chega a 35 localidades de Galicia

Manuel Heredia, presentou en Santiago de Compostela a iniciativa, que se desenvolverá ata novembro en colaboración coa Federación Galega de Comercio.

Óscar Gómez

Ourense | 06.07.2023 07:48

A campaña "Mercar no teo comercio" chega a 35 localidades de Galicia
A campaña "Mercar no teo comercio" chega a 35 localidades de Galicia | onda cero

A campaña, que chega á súa segunda edición, busca reactivar o consumo e achegar ao consumidor os establecimientos locais, poñendo en valor o comercio de proximidade galegos. Con esta finalidade, Mercar no teu comercio ten premio chegará entre xullo e novembro a máis de 35 localidades galegas, sorteando en total máis de 35.000 euros en premios entre aqueles clientes que aposten polo comercio local.

En cada unha destas vilas levaranse a cabo campañas dunha semana de duración. Os tickets das compras realizadas durante ese tempo poderán canxearse o día final da campaña por boletos de participación no sorteo en directo de premios. En total serán 1.000 euros por localidade, en forma de tarxetas prepago para volver mercar, co que repercutirán de novo no comercio minorista local. Realizaranse tamén diferentes iniciativas de animación para completar e dinamizar a campaña.

Mercar no teu comercio ten premio está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Industria e Innovación, e a Federación Galega de Comercio; coa colaboración de Abanca, as federacións provinciais de comercio e distintas asociacións de comerciantes de toda Galicia. Enmárcase dentro do impulso da Administración autonómica do tecido asociativo do sector, con especial atención a diferentes iniciativas de dinamización.