Concello de ourense

O Botánico oferta un programa de actividades divulgativas para o desfrute de nenos e maiores

A Concellería de Medio Ambiente organiza oito actividades divulgativas no botánico de Montealegre. As actividades serán de balde, previa inscrición, e abarcan datas desde febreiro ata marzo de este ano.

Óscar Gómez

Ourense | 16.02.2022 09:39

O Botánico oferta un programa de actividades divulgativas para o desfrute de nenos e maiores
O Botánico oferta un programa de actividades divulgativas para o desfrute de nenos e maiores | onda cero

A Concellería de Medio Ambiente organiza oito actividades divulgativas no botánico de Montealegre, con temática tan variada como o coñecemento da problemática da velutina en Ourense, a importancia do reciclaxe xogando a crear mascaras e disfraces para o carnaval, ou coñecer como os distintos insectos axudan o ecosistema da nosa cidade.

A oferta formativa basease nas ideas, “de aprender xogando” e de con un “maior coñecemento do medio natural seremos máis responsables” nos nosos hábitos de vida. Para o concelleiro Jorge Pumar resalta que estas actividades teñen un dobre obxectivo, axudar as familias na conciliación familiar, por eso desenvólvense e fins de semana, e o mesmo tempo animar os ourensáns a “descubrir” o botánico como un centro de ocio e de aprendizaxe ambiental.

As actividades serán de balde, previa inscrición, e abarcan datas desde febreiro ata marzo de este ano. Os cursos ofertan temáticas tan variadas como aprender a facer compós na nosa casa, coñecer de primeira man a problemática da velutina, ou a recoñecer a importancia dos insectos para o noso hábitat de vida, construíndolles “hoteis” .

O entroido non podería faltar nesta oferta de ocio, concretado en dous talleres para facer disfraces e mascaras desde material reciclado, roupa vella, ou outros elementos en desuso, que volverán a vida en forma de disfraces de entroido.

Outro aliciente da oferta son descubrir os procesos da sementeira que nos poden permitir crear a nosa propia horta caseira ou a plantación de flores para a decoración das nosas casas na primavera.

Todas as accións están previstas para os sábados e domingos a partir das 16 da tarde. A información e inscrición para estas actividades poderase realizar a través do correo sm.p.montealegre@gmail.com ou no teléfono 988 388 135.

O programa de actividades é o siguiente:

20 de febreiroobradoiro de disfraces de entroido (de 6 a 12 anos)

26 de febreiroobradoiro sobre a vespa velutina (a partir de 13 anos)

27 de febreiroobradoiro de contacontos infantil (de 6 a 12 anos)

6 de marzoobradoiro de compostaxe (a partir de 13 anos)

12 de marzoobradoiro de resinación de piñeiros (a partir de 13 anos)

19 de marzoobradoiro de hoteis para insectos (para toda a familia)

27 de marzoobradoiro para xerminar sementes e creación de semilleiros (de 6 a 12 anos)