Concello de Ourense

O BNG exixirá responsabilidades diante do arboricidio perpetrado na Universidade laboral

Tras escoitar as explicacións do Concelleiro de Medio Ambiente, onde afirmou que a empresa extralimitouse e que ditos traballos foron entregados pola Xunta a un aserradoiro, de xeito gratuito, a cambio da madeira.

Óscar Gómez

Ourense | 26.01.2022 08:09

O BNG exixirá responsabilidades diante do arboricidio perpetrado na Universidade laboral
O BNG exixirá responsabilidades diante do arboricidio perpetrado na Universidade laboral | onda cero

Na xunta de área de medio ambiente celebrada, o BNG pediu explicacións ao concelleiro polo acontecido na Universidade laboral a semana pasada.

A tala levada a cabo non se axustou aos parámetros establecidos polo propio concello, tal e como indicou o concelleiro Jorge Pumar xa que segundo el, "deixáronse marcadas as árbores que tiñan que talar e o que fixeron foi deixar esas e indiscriminadamente cortar todas as demais".

Segundo o BNG, outro dos datos ofrecidos esta mañá é dunha gravidade extrema xa que segundo o propio concelleiro estes traballos veñen costando ao redor de 18.000 euros e o que fixo a Xunta foi darllos a un aserradoiro que o facía gratis a cambio de quedarse coa madeira.