Ourense Provincia

O BNG denuncia o estado calamitoso da OU-0701 ao chegar a Viana do Bolo

“Curiosamente no km 26, vindo desde Vilariño de Conso ao chegar a Viana o asfalto cambia e desaparece parte da capa de rodadura pasando case a estar nun camiño de cabras”

Óscar Gómez

Ourense | 16.11.2022 08:43

O BNG denuncia o estado calamitoso da OU-0701 ao chegar a Viana do Bolo
O BNG denuncia o estado calamitoso da OU-0701 ao chegar a Viana do Bolo | Ourense.com

O voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, visitou Viana do Bolo para por de manifesto o mal estado da estrada que comunica Vilariño de Conso con Trives, no seu paso por Viana do Bolo. Varela pon de manifesto que o BNG levara está situación á Deputación, que é a responsable desta estrada, para que esta vía teña a mesma calidade na capa de rodadura en Viana do Bolo que en Vilariño de Conso.

Tal é como manifesta Secundino Fernárndez, voceiro do BNG de Viana do Bolo, a estrada de Vilariño de Conso a Trives, é unha das principais estradas que comunica varias parroquias de Viana do Bolo cos concellos veciños e coa núcleo de Viana pero que se atopa nun estado calamitoso unha vez que chega a Viana do Bolo. ”É unha estrada na que se ampliou o espazo para que puidera haber maior capacidade de tráfico, pero unha vez feitos os desmontes, nunca se fixo o asfaltado desa zona”