Ourense Cidade

Belén Rodriguez Tourón nova interventora do Concello de Ourense

O Alcalde informa do relevo do interventor no Concello de Ourense tras ser cesado Gonzalo Alonso.

Paco Sarria

Ourense | 23.04.2024 11:39

O Alcalde cesa ó interventor municipal que o denunciou por acoso laboral
O Alcalde cesa ó interventor municipal que o denunciou por acoso laboral | La Región

O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, deu a coñecer ó través dunha circular informátiva o relevo de Gonzalo Alonso Álvarez, como interventor. Seu posto pasa a ser ocupado pola ata de agora Vice-Interventora, María Belén Rodríguez Tourón. A situación, indica no escrito, 'manterase polo tempo imprescindible, en tanto non se proceda á provisión, provisional ou definitiva, do citado posto'.

Alonso, habilitado nacional, pasa a desempeñar provisionalmente o posto de Xefe do Órgano de Xestión Tributaria, en aplicación do artigo 97 da lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia. Cumpre lembrar que o ata o de agora o interventor denunciou ó Alcalde por acoso laboral.

Na circular tamén se comunica a necesidade de revisión de solicitudes se sinatura xa efectuadas para a tramitación de propostas de gasto, así como calquera outro trámite dirixido de forma particular ó anterior interventor, para que sexan enviados á maior brevidade a recén nomeada interventora.