Concello de ourense

A Audiencia estima o recurso do alcalde e arquiva a denuncia dun policía local

“É a enésima denuncia sen base algunha contra min neste mandato, que novamente é desestimada”, manifesta Gonzalo Pérez Jácome, quen subliña que “para a dita viaxe non facían falta alforxas”

Óscar Gómez

Ourense | 14.09.2022 08:13

Perez Jacome alcalde de Ourense
Perez Jacome alcalde de Ourense | La Región

A Audiencia Provincial de Ourense ditou auto no que estima o recurso interposto polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e ordena o arquivo da causa na que un policía local o acusaba da comisión dun presunto delito de inxurias.

A audiencia conclúe que “as expresións que se din inxuriosas non revisten a esixida grave intensidade de reproche precisa para elevar a súa consideración á categoría de delito”, e que “obxectivamente analizadas as frases contidas no recurso e ponderados os específicos termos incriminatorios da resolución recorrida, non ostentan o grave carácter vexatorio normativamente esixido para viabilizar o seu enxuizamento neste marco penal”, senón que “entra dentro do dereito á liberdade de expresión e manifestación da opinión”.

Tras coñecer a resolución xudicial que decreta o arquivo da causa, o alcalde de Ourense manifestou que “é a enésima denuncia sen base algunha contra min neste mandato, que novamente é desestimada. Para a dita viaxe non facían falta alforxas”