Cultura

Alumnado do CIFP A Farixa producirá unha curtametraxe

Un grupo de estudantes de produción do CIFP A Farixa, está a traballar na produción da curtametraxe de ficción que leva por título “Senteza”.

Óscar Gómez

Ourense | 06.02.2024 08:07

Alumnado do CIFP A Farixa producirá unha curtametraxe
Alumnado do CIFP A Farixa producirá unha curtametraxe | onda cero

O equipo de produción está formado por sete alumnos de segundo curso do ciclo, Ariel Egas, Carla Saborido, Daniel Prado, Hugo Fernández, Ruth Rodríguez e Xiana Pereira, e conta xa coa colaboración de numerosos profesionais externos entre os que se contan

algúns compositores ourensáns como María Mendoza e Martín Rodríguez, e os xovencísimos intérpretes de piano Martín Rodríguez e Sara Lojo.

Ademais, contarán coa colavoración do compañeriro Marcos Ares, de primeiro curso de produción co posto de director da curta, todo isto coa axuda da xefa do departamento do ciclo de produción e ademais profesora deste alumnado, Diana Casanova, encargada da

coordinación e animar o alumnado a sacar a curtametraxe a diante.

A produción conta xa cunha pequena aportación económica do centro e coa colaboración do Seminario de Ourense, que cederá o uso dalgunha das súas instalacións para a rodaxe. Pese a se tratar dunha produción de baixo presuposto, segundo os membros do equipo,

están a traballar intensamente na busca de colaboración e patrocinios que permitan financiar os costes da mesma.