Comercio

Algunhas das mellores tortillas españolas levan Pataca de Galicia

A IXP colaborou coa organización do XVI Campeonato de España de Tortilla de Patacas. Os gañadores foron o restaurante Cañadío (Santander) co primeiro premio, O Cabo (A Coruña) co segundo e Bar Tizona (Logroño) co terceiro lugar.

Óscar Gómez

Ourense | 10.10.2023 10:03

Algunhas das mellores tortillas españolas levan Pataca de Galicia
Algunhas das mellores tortillas españolas levan Pataca de Galicia | onda cero

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Pataca de Galicia cedeu o seu produto á organización do XVI Campeonato de España de Tortilla de Patacas. Dito certame celebrouse na xornada do domingo 1 de outubro de Alicante Gastronómica, no contexto do II Congreso Nacional de Tortilla de Patatas. Nel, participaron quince chefs de oito Comunidades Autónomas.

O xurado, composto por Rafael García Santos, Carme Ruscalleda, Paco Torreblanca, Kiko Moya, Fran Martínez, Alberto Ferruz, José Gómez e Pepa Fernández, fallou o primer premio a favor do restaurante Cañadío de Santander, que se elaborou con pataca Monalisa. O segundo e o terceiro posto pertencen, respectivamente, ao restaurante Cabo de A Coruña e ao Bar Tizona de Logroño, que demostraron a súa mestría na elaboración empregando Pataca de Galicia.

Algunhas das mellores tortillas españolas levan Pataca de Galicia
Algunhas das mellores tortillas españolas levan Pataca de Galicia | onda cero

A entrega de premios contou coa participación do presidente da Cámara de Comercio de Alicante, Carlos Baño, a conselleira de Innovación, Industria, Comercio e Turitsmo da Generalitat, Nuria Montes e o presidente da Diputación de Alicante, Toni Pérez. O Campeonato de España de Tortilla de Pataca, organizado grazas a lomejordelagastronomia.com e Tescoma, contou tamén coa colaboración de Coren, de Aceite de Oliva Virgen Extra, Señoríos de Relleu, Harinas la Encarnación, Joselito, Burgos Alimenta y Harinas Entrepiedras.